Francisco Jorquera
Novas
Conferencia de prensa modelo Coruña tratamento lixo

Jorquera lamenta que a alcaldesa non defendese ante o Estado o modelo coruñés de tratamento do lixo

O portavoz do BNG no Concello e candidato nacionalista á Alcaldía en maio, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que no Pleno do vindeiro 2 de febreiro o Bloque vaille formular unha pregunta oral ao Executivo coruñés para saber que xestións fixo a alcaldesa con vistas a defender, durante a tramitación da Lei de Residuos, o modelo húmido seco de xestión e tratamento de residuos, o que cualificou como modelo coruñés.
Ler novas
Novas
Jorquera CC

A resposta do Goberno Local á pregunta total de Jorquera sobre a Casa Cornide: as evasivas de sempre

A pregunta total de Francisco Jorquera ao Executivo coruñés sobre a Casa Cornide –señoras e señores do Goberno Local, sobre a Casa Cornide, que?- foi respondida polo concelleiro delegado de Memoria Histórica, Jesús Cornide, cunha nova evasiva sobre o momento en que eventualmente o Concello materializaría a demanda para recuperar o palacete que en tempos foi sede do consistorio coruñés.
Ler novas
Novas
FJ 3

Jorquera, sobre as sucesivas crises de goberno en María Pita: "Gobernar con só 8 concelleiros foi unha decisión da alcaldesa"

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vai abordar no Pleno de mañá xoves as sucesivas crises producidas no Goberno Local durante o mandato que expirará o próximo mes de maio. Farao a través dunha pregunta oral sobre a recente anulación por parte do TSXG do nomeamento de Mónica Martínez como concelleira de Deportes e a asunción das competencias desta área por parte da alcaldesa.
Ler novas
Novas
Almorzo informativo BNG

Almorzo informativo do BNG: recta final de mandato e perspectivas para 2023

Estamos a finais de decembro e nada se sabe das contas do Concello para 2023, polo que o grupo municipal do BNG considera que “a estas alturas” xa non tería sentido que o Goberno Local presente un proxecto de orzamentos para o vindeiro ano porque “cando se aproben definitivamente xa estaríamos ás portas das eleccións de maio” e, por tanto, non tería “tempo material” para executalos.
Ler novas
Novas
FJ 4

Lage contradí Inés Rey: "Por que lle imos cambiar o nome ao Teatro Colón? Por que desvestir un santo para vestir unha santa?"

O pasado 10 de marzo o grupo municipal do PSOE votou contra unha iniciativa a prol de o Teatro Colón pasar a chamarse Teatro María Casares. Mais o 21 de novembro, e durante a presentación do documentario de Xavier Villaverde sobre a obra e a vida da xenial actriz coruñesa, a alcaldesa sumouse á petición formulada por axentes culturais da cidade a favor de, no ano do seu centenario, lle render tributo á mítica intérprete galega pondo o seu nome ao que, xuntamente co Rosalía, constitúe o espazo teatral máis emblemático da nosa cidade.
Ler novas
Novas
Imaxe do exterior da Planta de Nostián

O novo Nostián será máis caro para o Concello e deitará no vertedoiro o triplo do fixado pola normativa

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, denuncia que, despois de tres anos de espera pola nova licitación, no próximo contrato da planta de tratamento de residuos de Nostián o custo para o Concello por tonelada de residuos será o dobre do actual e a porcentaxe de refugallos con destino ao vertedoiro alcanzará máis de 30%, o triplo do fixado pola normativa estatal.
Ler novas