A alcaldesa debe dar explicacións polo nomeamento da concelleira de Deportes, anulado polo TSXG

A alcaldesa debe dar explicacións e asumir responsabilidades políticas polo nomeamento da concelleira de Deportes, anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, entende o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera.
A alcaldesa debe dar explicacións polo nomeamento da concelleira de Deportes, anulado polo TSXG

“O criterio do BNG sempre foi moi claro. Unha persoa eleita nas listas dunha formación política debe renunciar ao seu escano se abandona a forza coa que concorreu ás eleccións. Lamentabelmente, o Goberno Local non compartiu ese criterio e a alcaldesa fixo un nomeamento do que agora se derivan responsabilidades políticas”, afirma Jorquera.

Quen nomeou a concelleira de Deportes foi Inés Rey e, por tanto, cábelle á alcaldesa asumir esas responsabilidades e dar explicacións.

A anulación do nomeamento da concelleira de Deportes representa o cume da inestabilidade que ten caracterizado o actual mandato de Inés Rey, marcado por sucesivas crises no goberno local (con episodios anteriores como o cesamento da concelleira de Emprego, a renuncia do edil de Urbanismo ou a retirada de competencias ao responsábel de Cultura).

 

A alcaldesa debe dar explicacións polo nomeamento da concelleira de Deportes, anulado polo TSXG