O proxecto de compostaxe comunitaria da Caracola merece apoio!
Jorquera: a alcaldesa non defendeu o modelo A Coruña de tratamento do lixo
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá, en conferencia de prensa, que no Pleno do vindeiro 2 de febreiro a formación nacionalista inquirirá a alcaldesa que fixo para, na tramitación da nova Lei de Residuos, defender o modelo coruñés de xestión e tratamento de lixo, o modelo húmido seco.
O modelo húmido seco consiste en que a separación dos residuos se fai nas instalacións da planta de Nostián. O que se pretende agora é que sexan as e os cidadáns quen fagan a separación. Problema: que iso conleva ubicar un novo contedor nas rúas, o quinto, e que, segundo todos os expertos, se vai reciclar moito menos.
A alcaldesa argumenta que a lei está para ser cumprida. Mais oculta que a nova norma permite exceptuar aqueles casos en que, como o da Coruña, a recollida conxunta (modelo Nostián) sexa mellor e menos custosa que a recollida seprada. E oculta tamén que Córdoba si solicitou que o Goberno recoñecese a súa excepción. E conseguiuno, cousa que o Executivo coruñés nin sequera intentou.
E como pano de fondo, aboia un temor: o de o Gobenro Local querer deixar morrer o modelo coruñés de xestión e tratamento do lixo para acabar derivando os residuos a SOGAMA.
Jorquera lamenta que a alcaldesa non defendese ante o Estado o modelo coruñés de tratamento do lixo
Benvida a mudanza de PP e PSOE sobre o porto, mais non abonda: hai que revisar o PXOM e o convenio de 2004 e condonar a débeda
O portavoz do BNG en María Pita e candidato nacionalista á Alcaldía, Francisco Jorquera, celebra que en relación á adquisición dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo por parte do Concello “o PSOE e o PP modificasen a súa posición e agora defendan o mesmo que sempre defendeu o BNG”.