O BNG lamenta que a falta de apoio do PP impida unha declaración institucional en solidariedade co persoal do HUAC, após as agresións sufridas

Jorquera Stop Agresións
Jorquera, a acompañar unha das moblizacións convocadas polo persoal ás portas do HUAC
Declaración Institucional que impulsaba o grupo municipal do BNG en solidariedade co cadro de persoal do Hospital  Universitario da Coruña (HUAC), após as agresións sufridas nos últimos tempos, non se vai poder producir pola falta de apoio do PP.
O BNG lamenta que a falta de apoio do PP impida unha declaración institucional en solidariedade co persoal do HUAC, após as agresións sufridas

A Declaración Institucional que impulsaba o grupo municipal do BNG en solidariedade co cadro de persoal do Hospital  Universitario da Coruña (HUAC), após as agresións sufridas nos últimos tempos, non se vai poder producir pola falta de apoio do PP.

As Declaracións Institucionais só saen adiante se contan co respaldo do conxunto de forzas presentes na Corporación.

O BNG lamenta a falta de apoio do PP para unha iniciativa que se debería ter lido no vindeiro Pleno deste xoves 10A e que demandaba maiores condicións de seguridade para as e os profesionais sanitarios. No canto de apoiar esas demandas, o PP coruñés opta por secundar a Xunta, que polo de agora ten feito ouvidos xordos ás reivindicacións do cadro de persoal do HUAC.

“As e os profesionais sanitarios traballan en condicións de vulnerabilidade, como se viu recentemente nas agresións sufridas no servizo de urxencias do HUAC. Esa vulnerabilidade ten múltiples causas e require por tanto dunha abordaxe desde distintos ángulos”, afirma a concelleira Mercedes Queixas, quen, na súa calidade de deputada, se ten ocupado deste asunto con iniciativas no Parlamento galego.

Fai falta, argumenta, aumentar o cadro de persoal –“a nosa é a área sanitaria máis populosa do país”-, reforzar as condicións de seguridade do servizo de saúde mental e implantar protocolos que permitan actuar desde a prevención.

“Todas esas medidas deben ir encamiñadas a garantir que as profesionais da sanidade podan traballar en condicións de calidade e sobre todo de seguridade, o que obviamente resultará nun maior benestar para as persoas usuarias do servizo público de saúde”, razoa Queixas.

Após as agresións sufridas, o cadro de persoal do servizo de urxencias do HUAC ten formulado distintas propostas conducentes a evitar ou minimizar os riscos aos que están sometidos no desempeño do traballo. Infelizmente, nin a Consellaría de Sanidade nin a Xerencia do HUAC teñen dado unha resposta satisfactoria ás súas demandas, censura Queixas.

O BNG lamenta que a falta de apoio do PP impida unha declaración institucional en solidariedade co persoal do HUAC, após as agresións sufridas