Francisco Jorquera
Novas
Mural Urbano Lugrís

Hai que salvar os murais de Urbano Lugrís!

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral, para a súa lectura no Pleno do vindeiro 13 de decembro, por medio do cal insta o Goberno Local a que garanta a protección do “tesouro artístico” que representan “os murais de Urbano Lugrís” sitos na rúa Olmos número 25 e ameazados polo lamentábel estado de conservación do edificio que os alberga.
Ler novas
Novas
20221124_110715

O Goberno Local volve incumprir o Acordo de Investidura: todo apunta a que prorrogará os orzamentos

O BNG ten plena disposición a establecer un diálogo co Goberno Local sobre o proxecto de orzamentos do Concello para 2023, manifestou hoxe o portavoz nacionalista Francisco Jorquera no curso do debate organizado por Ascega. Esa plena disposición non se ve correspondida por un Goberno Local que ás alturas en que estamos, a piques de concluír o mes de novembro, non moveu un dedo para contar co BNG nunha hipotética negociación orzamentaria.
Ler novas
Novas
Castelo Eirís

Un rogo para restaurar e pór en valor o Castelo de Eirís

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral, para a súa lectura no Pleno do vindeiro mes de decembro, por medio do cal insta o Goberno Local a asegurar a restauración e posta en valor do popularmente coñecido como Castelo de Eirís.
Ler novas
Novas
Imaxe do exterior da Planta de Nostián

Unha moción para se licitar o novo contrato de Nostián canto antes

O BNG vai levar unha moción ao Pleno do vindeiro xoves 10N por medio da cal insta o Goberno Local a que proceda a licitar “coa máxima celeridade e rigor” o contrato que rexe sobre  a planta de Nostián, sendo que a actual concesión caducou en decembro de 2019 e que, por tanto, desde aquela altura o servizo préstase en precario.
Ler novas
Novas
RDP

Máis de 30 emendas ás contas do Estado para asignar 260 millóns á cidade da Coruña e á súa comarca

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o portavoz municipal e candidato  nacionalista á alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, presentaron este venres as máis de 30 emendas rexistradas aos Orzamentos do Estado de 2023 para a comarca e a cidade da Coruña por un montante total de máis de 260 millóns de euros. A formación nacionalista focalizará a negociación no incremento dos investimentos en materia de infraestruturas -sobre todo en materia ferroviaria coa modernización de liñas e a implantación dos cercanías- e servizos. Así mesmo, demandan a implicación do Goberno na reforma de instalacións e edificios de titularidade estatal para impulsar A Coruña e dotala de máis e mellores servizos.

Ler novas