"ATÉ NOVO AVISO"

Queixas denuncia que por falta de personal o COF de Orillamar non pode atender o teléfono de citas

COF de Orillamar
Cartaz colado á entrada do COF en que se dá conta da suspensión da atención telefónica
Tal e como sinala un cartaz colado na porta de entrada do COF de Orillamar, este centro de orientación familiar non pode atender o “teléfono de citas até novo aviso” por “falta de persoal administrativo”.
Queixas denuncia que por falta de personal o COF de Orillamar non pode atender o teléfono de citas

Como xa ten denunciado a nosa concelleira Mercedes Queixas no Pleno en diversas ocasións, o Goberno Local continúa sen dotar o COF de Orillamar de dúas prazas, unha de persoal administrativo e outra de psicoloxía, das que si dispuxo en anos anteriores.

Ante a evidencia de o Goberno Local non ter dado ningún paso para reparar esta deficiencia, a nosa concelleira volve rexistrar un feixe de preguntas por escrito.

É unha vergoña que pola falta de persoal non se estean a tramitar citas, o que está pasando é un insulto aos dereitos das mulleres”, afirma Queixas. “O Goberno Local non cumpre as súas obrigas co COF e deixa sen atender a saúde sexual e reprodutiva das mulleres da cidade”, alega.

Para Queixas, a razón desta desatención radica “na falta de diálogo responsábel” entre o Goberno Local e a Xunta, a outra administración con competencias neste centro, até o punto de a propia Valedora do Pobo ten instado a ambos executivos, coruñés e galego, a que se coordinen para garantir os dereitos das mulleres.

“Por que non dota o Goberno Local as prazas de persoal administrativo e psicoloxía que levan tempo vacantes neste COF e que lle corresponden ao Concello?”, inquire Queixas, quen insta o Executivo de Inés Rey a que, en cumprimento da comunicación que a Valedora do Pobo lle dirixiu ao Concello, impulse “unha coordinación eficaz” coa Xunta, de modo a “garantir unha atención completa no COF de Orillamar”.

 

Queixas denuncia que por falta de personal o COF de Orillamar non pode atender o teléfono de citas