Francisco Jorquera
Novas
Tributo aos obreiros de Brens

A impresionante dignidade dos 8 obreiros de Brens

Un sinxelo e emotivo tributo –unha ofrenda floral diante do monumento da memoria deseñado por Isaac Díaz Pardo no Campo da Rata- foi o que renderon na mañá do sábado 20 de agosto militantes do BNG de Cee e Corcubión aos 8 obreiros da fábrica de Brens, sindicalistas da naquela altura chamada Fábrica Hidroeléctrica do Pindo- fusilados o 18 de decembro de 1936 por teren organizado unha folga contra o golpe de estado fascista. Na homenaxe participou o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera.
Ler novas
Novas
Andamiaxe abandonada 3

Até cando a vergoña urbanística da andamiaxe abandonada na Rúa das Donas?

O BNG xa se interesou por este asunto a medio de diversas iniciativas, mais calquera visita ao número 3 da Rúa das Donas –nun dos accesos ao corazón da Cidade Vella- permite comprobar como o Goberno Local non ten feito nada para resolver o que podemos considerar unha auténtica vergoña urbanística, o estado de lamentábel abandono en que se acha a andamiaxe que tapa un dos edificios desta vía pública.
Ler novas