Novas

Jorquera, na presentación da candidatura do BNG: "Este é o equipo chamado a gobernar a cidade"

No andar superior do emblemático edificio Atalaya, e nun acto realizado para os medios o 22 de febreiro, o portavoz do BNG e candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera, presentou os primeiros 14 nomes da listaxe nacionalista para o 28M.

Unha candidatura que se axusta á perfección, entende Jorquera, a aquilo que o mítico Arsenio Iglesias considera imprescindíbel para armar un bon equipo de fútbol: Orde e Talento.

Solidez, solvencia, imaxinación e creatividade ao servizo dun proxecto de cidade para facermos unha Coruña mellor.

"Este é o equipo chamado a gobernar a cidade", dixo Jorquera na conclusión do acto.

Jorquera, na presentación da candidatura do BNG: "Este é o equipo chamado a gobernar a cidade"