JORQUERA RECOLLE UNHA DENUNCIA DA ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA GAITEIRA OS CASTROS

Un rogo para reparar ou retirar un valado publicitario en mal estado na zona de Casabranca

Valado Rúa Monte das Moas
O valado áchase a carón da rúa Monte das Moas, perto da súa conexión coa Avenida da Pasaxe, e, dado o seu mal estado, até pode constituír un perigo para as persoas se se produciren desprendementos.
Un rogo para reparar ou retirar un valado publicitario en mal estado na zona de Casabranca

Quen alertou sobre a deterioración deste elemento do mobiliario urbano foi a Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros e quen se fai eco desta denuncia é o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, quen acaba de rexistrar un rogo oral para a súa lectura no Pleno do próximo 2 de marzo.

O BNG insta, por tanto, o Goberno Local a que “realice as xestións oportunas para que se proceda á reparación e correcto mantemento do devandito valado ou, no seu defecto, á súa retirada”.

 

Un rogo para reparar ou retirar un valado publicitario en mal estado na zona de Casabranca