VISITA DE JORQUERA E VEIRA Á SÚA SEDE NA RÚA REAL
O BNG comprométese coa Asociación contra o Cancro da Coruña a trasladar as súas propostas ao Concello
“Ficamos impresionados co traballo desta entidade. Falamos dunha ONG que ten 4.552 persoas sociais na nosa cidade e coa que colaboran máis de 203 voluntarias”, indica Jorquera.
O BNG comprometeuse con Lamora e García-Abril a lle dar traslado ás súas propostas ao Concello.
“Consideramos as súas demandas moi razoábeis e desde logo darémoslle cabida no noso programa electoral”, avanzou Jorquera.
A ONG criada en 1953 e considerada de utilidade pública en 1971 pide que desde o Concello se aumenten os espazos sen fume, libres de tabaco, nomeadamente naqueles ámbitos frecuentados por menores: instalacións deportivas ao ar libre, praias, zonas verdes, prazas...”Algo tan doado como non deitar cabichas na rúa, dado o seu potencial carácter tóxico, é unha magnífica contribución á prevención dos cancros”, explica Jorquera.
O control do consumo do alcol e a promoción do deporte e dos hábitos saudábeis –a comezar polo coidado da alimentación nos comedores escolares- tamén figuran entre as propostas da asociación.
“Falamos dunha ONG que suple as carencias dos servizos públicos e que mesmo presta asistencia directa no plano a persoas necesitadas”, conclúe Jorquera.