JORQUERA CHAMA A XUNTA A QUE LIDERE UNHA "RESPOSTA DE PAÍS" FRONTE AOS NOVOS RECORTES
"Non concebimos o futuro do porto sen unha potente actividade pesqueira"
"Para o Goberno central, a pesca é marxinal. Para Galiza, en cambio, é un sector estratéxico da nosa economía. E tamén é algo máis, fai parte da nosa identidade. Desde logo tamén da identidade da nosa cidade. A Coruña non se concibe sen un porto cunha potente actividad pesqueira", afirma Jorquera.
Para o Estado español, e tamén para a UE, a pesca funciona na práctica como unha moeda de cambio en transacións que procuran favorecer outros sectores económicos. "Fronte aos lobbies que conspiran en Bruxelas contra os intereses da pesca galega, hai que tecer alianzas con outros países prexudicados, como Irlanda ou Portugal. E ai a Xunta, se ten vontade, ten un papel que xogar. Infelizmente non o está a facer", diagnostica.
"Nos anos 80 do pasado século Galiza era por si soa a terceira potencia pesqueira mundial, só superada por Xapón e Perú e ao mesmo nivel que Noruega. Mais houbo desgrazadamente quen decretou a morte da pesca. Non vexo que nin o Goberno central nin o Goberno galego se esforcen por defender unha rama de actividade vital para a economía galega. Limítanse a acusar recibo dos ditados da UE", conclúe.