Novas
Jorquera pide unha oportunidade para o BNG porque A Coruña precisa o impulso que outras forzas non lle souberon dar
12/maio/2023
O BNG arrancou a campaña electoral, a carreira cara ao 28 de maio, cunha apelación ás coruñesas e aos coruñeses: A Coruña xa experimentou gobernos liderados por partidos de distinto signo sen estes lle daren o impulso que necesita. A apelación -que as coruñesas e coruñeses lle dean agora unha oportunidade ao BNG- fíxoa Francisco Jorquera, quen diante da Casa Cornide descubriu o cartaz no que aparece o seu rostro como candidato do BNG á Alcaldía da Coruña nun acto ao que asistiu un nutrido grupo de persoas e integrantes da candidatura nacionalista, entre os que se atopaban, entre outras e outros, Avia Veira, Mercedes Queixas, David Soto, Ignacio Siota e Jorge Castro, números 2, 3, 4, 5 e 7 da candidatura, respectivamente.