JORQUERA PARTICIPA NUN ROTEIRO PARA COÑECER A AVIFAUNA DA CORUÑA

Reverder a cidade, un dos grandes obxectivos do BNG a partir do 28M

Paseo biodiversidade
Un momento do roteiro
“Reverdecer A Coruña”. Ese será un dos obxectivos do Goberno Local que aspira a liderar o BNG a partir do 28 de maio, anunciou este sábado o candidato nacionalista á Alcaldía, Francisco Jorquera.
Reverder a cidade, un dos grandes obxectivos do BNG a partir do 28M

Con motivo do Día da Ciencia na Rúa, Jorquera participou, na mañá do sábado, nun paseo pola biodiversidade da Coruña, que se detivo especialmente no coñecemento da avifauna da cidade. “Temos entre nós unha enorme riqueza biolóxica da que moi poucas veces somos conscientes”, dixo. Paparroibos, rabirrubios, pardais, pegas, merlos, pombos, rulas turcas, vencellos... foron alguns dos paxaros que puideron ser observados polas persoas que realizaron o roteiro entre o Parque de Santa Margarida e os Xardíns de Méndez Núñez.

Paseo biodiversidade 2
As persoas participantes no roteiro ollando para as aves

“Nunha cidade coa densidade de edificios da Coruña calquera mínima zona verde importa”, remarca Jorquera. A habilitación de corredores verdes –por exemplo, entre o Parque de Santa Margarida e os xardíns do recheo- sería “osíxeno puro” para a cidade.

“Paseos como este serven para nos concienciarmos da importancia de reverdecer a cidade e de ampliar zonas verdes, conectándoas entre si a través de corredores. Reverdecer a cidade mellorará o benestar físico e mental das coruñesas e os coruñeses e nos preparará para loitar contra os efectos do cambio climático”, remarca Jorquera.

Paseo biodiversidade 3
O roteiro comezou no Parque de Santa Margarida e concluíu nos Xardíns de Méndez Núñez

“Hai moito camiño por percorrer até conseguirmos unha cidade onde as coruñesas e os coruñeses podan gozar dunha ratio de zonas verdes por habitante conforme ás recomendacións da Organización Mundial da Saúde. Unha Coruña Verde é desde logo o horizonte que a inmensa maioría da veciñanza quere e para o que o BNG traballa”, concluíu.

 

 

Reverder a cidade, un dos grandes obxectivos do BNG a partir do 28M