Avia Veira: "Non se pode desprezar a xente de Marathon Inferior. O Dépor ten que recapacitar"

Avia Veira, durante o Día das Peñas deportivista, 1 de maio de 2026.
Avia Veira, durante o Día das Peñas deportivistas deste ano
A portavoz do BNG no Concello e candidata nacionalista á Alcaldía, Avia Veira, publicou un chío na súa conta en X sobre a nova regulación da bancada de Marathon Inferior que pretende impor o Consello de Administración do Dépor e que ten suscitado críticas en amplos sectores do deportivismo.
Avia Veira: "Non se pode desprezar a xente de Marathon Inferior. O Dépor ten que recapacitar"

“Non se pode desprezar a xente de Marathon Inferior despois de todo o que fan polo equipo. O Dépor ten que recapacitar”, afirma Veira.

Entre outras medidas, a directiva quere ter o control sobre calquera elemento ou símbolo de animación que porten a Riazor as e os abonados de Marathon Inferior.

Para a portavoz nacionalista, a orixe do conflito está no regulamento da Liga “que trata todas as bancadas de animación por igual”, o que obviamente “non é xusto”.

“Cando haxa odio e violencia, que se actúe contra quen os exerza. Na bancada na que estea e no campo no que estea”, remarca Veira. Pero iso non debe levar a actuar preventivamente contra as 4 mil persoas que enchen Marathon Inferior para apoiar o Dépor nos seus partidos na casa.

Avia Veira: "Non se pode desprezar a xente de Marathon Inferior. O Dépor ten que recapacitar"