Novas
Concentración profesorado e persoas usuarias do Programa Lecer, en María Pita. 2 de febreiro de 2026.

“Volverá o Programa de Lecer ao Fórum Metropolitano e ao Ágora no mes de setembro? E se o fai, en que condicións?”

Estas preguntas que se fai a nosa concelleira Mercedes Queixas son as mesmas que se formulan “as miles de usuarias deste Programa de Lecer, así como tamén as profesionais docentes que levan tantos anos implicándose nun proxecto sociocultural e formativo que é fundamental na cidade pola súa accesibilidade a todos os públicos e a todos os barrios e polo seu alto nivel de aceptación e arraigo”.
Ler novas
<p>Tifo en Marathon Inferior no Dépor-Las Palmas Foto de Javier Alborés [DXT Campeón]</p>

O BNG insta a alcaldesa a que na negociación do convenio co Dépor defenda os dereitos das persoas abonadas a Marathon Inferior

O concelleiro do BNG David Soto acaba de rexistrar un rogo oral para a súa lectura no vindeiro Pleno por medio do cal insta a alcaldesa a que no marco da negociación do novo convenio co Deportivo da Coruña faga valer os dereitos -nomeadamente o da liberdade de expresión- das persoas abonadas a Marathon Inferior.
Ler novas
Avia Veira, a repartir herbas de San Xoán, xuño de 2026.

Avia Veira: "Esta previa do San Xoán ímola lembrar toda a vida. O Dépor xa é da Coruña a todos os efectos"

A Coruña viviu este martes 23X unhas moi especiais horas previas á noite de San Xoán, a festa popular da cidade por excelencia. E viviunas porque este martes o Deportivo comunicou o resultado da consulta entre as persoas abonadas do club. O resultado non pode ser máis concluínte: 79,4 por cento votou a favor de a denominación do club incorporar o topónimo oficial da Coruña, o galego.
Ler novas