Queixas denuncia que a Xunta continúa sen abordar os problemas de mobilidade e aparcamento do CHUAC

Encontro de Avia Veira con persoal do CHUAC preocupado polo deficiente transporte público e a falta de aparcamento.
Imaxe dun encontro de Avia Veira con persoal do CHUAC preocupado polo deficiente transporte público e a falta de aparcamento.
A Xunta continúa sen abordar os graves problemas de mobilidade -tanto no que ten a ver co acceso como no que ten a ver co aparcamento- que sofre o CHUAC.
Queixas denuncia que a Xunta continúa sen abordar os problemas de mobilidade e aparcamento do CHUAC

Así o denuncia Mercedes Queixas, após recibir unha resposta do Goberno galego a unha súa pregunta realizada por escrito.

“Máis unha vez, vemos como Rueda renuncia a pór solucións aos problemas da Coruña. Na resposta que se nos envía, non se anuncia ningunha medida que vaia solucionar os graves problemas de acceso ao CHUAC e de aparcamento nas inmediacións do centro hospitalario”, censura.

Eses problemas estanse a ver agravados polas obras de reforma actualmente en curso. “A mobilidade está moi comprometida pola insuficiente conexión co CHUAC que ofrecen quer o transporte urbano, dependente do Concello, quer o interurbano, competencia da Xunta”, refire Queixas.

“Alén do máis, as obras eliminaron un bo número de prazas de aparcamento no espazo público e o preocupante é que están moi lonxe de remataren”, denuncia.

En efecto, a conclusión da fase 2 dos traballos de reforma do CHUAC adiouse até 2031 “e para a terceira fase non hai nin prazo”, remarca.

A factura, en forma de mal servizo, págana as persoas doentes que acoden ao hospital, as súas acompañantes e as e os profesionais sanitarios. “Cada vez hai menos prazas para aparcar e o aparcadoiro de xestión privada encareceu os prezos. Así, o bono para as traballadoras e traballadores do CHUAC pasou de 62 a 80 euros ao mes”, critica.

E perante esta situación, a Xunta gobernada polo PP non anuncia ningunha medida positiva, nin compromete o reforzo do transporte inter-urbano nin a redución dos prazos das obras de ampliación do hospital.

 

Queixas denuncia que a Xunta continúa sen abordar os problemas de mobilidade e aparcamento do CHUAC