"É EVIDENTE QUE A ÁREA DE PRESTACIÓN CONXUNTA QUE PROPÓN A XUNTA E COA QUE CONCORDA INÉS REY SE QUERE FACER DE COSTAS AO SECTOR"
Avia Veira si se reúne co sector do taxi: "As políticas de mobilidade fanse desde o diálogo"
“Queríamos coñecer a súa opinión sobre a proposta de Área de Prestación Conxunta do taxi que puxo sobre a mesa a Xunta de Galiza e coa que parece concordar o Goberno de Inés Rey”, afirma Veira.
Ao remate do encontro, Veira tira unha conclusión moi clara: “Que esta proposta nace sen se ter falado directamente do sector, sen diálogo. Faise de costas ás asociacións de taxistas”.
Parécelle moi rechamante á nosa portavoz no Concello que a alcaldesa se gabase onte de o seu ser o mandato do diálogo “cando apoia unha proposta que nace sen dialogar co sector”.
“Desde logo, eu como alcaldesa sempre dialogarei co taxi aquelas propostas que mobilidade que o afecten directamente”, remarca.
“Hai que mellorar o taxi como servizo público e iso haino que facer desde o diálogo co sector. É así como se constrúe a mobilidade que necesita a cidade. Mais haino que facer tamén con sentidiño, sen prexudicar as e os profesionais nin tampouco obviamente as coruñesas e os coruñeses”, engade.
O que debe ficar claro é que en ningún caso o BNG vai apoiar unha proposta que acabe sendo “a porta de entrada dos VTC na cidade” [actualmente os VTC só poden realizar viaxes inter-urbanas, non urbanas].