UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS POR ESCRITO DE MERCEDES QUEIXAS
“Volverá o Programa de Lecer ao Fórum Metropolitano e ao Ágora no mes de setembro? E se o fai, en que condicións?”
E como a estas alturas aínda non foi adxudicado o novo contrato do Programa de Lecer -a empresa que se encargou das súa actividades durante a primavera fíxoo de forma transitoria-., Mercedes Queixas acaba de rexistrar unha batería de preguntas por escrito.
“Queremos saber que avaliación fai o Goberno Local deste período transitorio, se se fixeron consultas ás persoas usuarias, ás docentes e ás persoas responsábeis do Fórum Metropolitano e do Ágora sobre o novo contrato e, sobre todo, cando se vai licitar este”, remarca.
“Queremos saber, en definitiva, quen se vai encargar do próximo Programa de Lecer e cando vai comezar a edición de outono no Fórum e no Ágora”, engade.
Lembra Queixas que este 2026 “pasará á historia polos problemas xerados pola empresa que xestionaba o Programa de Lecer e por un Goberno de Inés Rey que demorou moito en resolver a situación, o que acabou derivando na suspensión das actividades ao comezo do ano”.
“Moi a última hora, e grazas á mobilización de persoas usuarias e docentes, o Goberno Local acabou por encargar a xestión, de forma provisional, a outra