Eleccións municipais 2023
Novas
BNG Encontro de Vivenda 1

Avia Veira avanza que o BNG fará de EMVSA unha auténtica empresa municipal de vivenda

A Empresa Municipal de Vivenda Servizos e Actividades “é hoxe moito máis de servizos e actividades que de vivenda”, afirmou a número dous da candidatura do BNG, Avia Veira, durante o Encontro sobre Vivenda e Urbanismo que o Bloque realizou con persoas expertas na materia, representantes de asociacións  veciñais (A Agra, Palavea, Oza, A Gaiteira e OS Castros) e do colectivo Outra Forma de Vivenda.
Ler novas
Novas
Jorquera charla en Cesuga 2

Jorquera reivindica a política e convida a mocidade a "votar e a ser esixente cos gobernos"

Nun coloquio co alumnado do Centro de Estudos Superiores de Galicia (CESUGA), o candidato do BNG á Alcaldía, Francisco Jorquera, reivindicou esta mañá a política “como ferramenta para mudar as cousas” e chamou a mocidade a “votar, a exercer o voso dereito a participar”. Votar e tamén “ser esixentes despois cos gobernos”. “Hai que pedir sempre rendición de contas e o cumprimento dos compromisos”, remarcou.
Ler novas
Novas
Debate TVG

No debate da TVG, Jorquera mostra a ambición do proxecto do BNG para a cidade

Unha cidade metropolitana con vocación de ser motor económico e capital cultural do país. Ese é en esencia o proxecto de cidade que debullou o candidato do BNG á Alcaldía no debate da TVG. Jorquera defendeu con firmeza as súas posicións, mais á vez mostrou mesura e serenidade fronte a un candidato do PP que, visibelmente nervoso, o interrompeu en varias ocasións e unha candidata do PSOE que se limitou a facer un exercicio de autocompracencia.
Ler novas
Novas
Jorquera na Sesión Vermú nos Mallos

Unha sesión vermú moi especial para Mercedes Queixas e Francisco Jorquera

"É o barrio da miña vida. Aquí me criaron meus pais. Aquí decidín fixar a miña residencia", dixo Mercedes Queixas ao presentar a quinta sesión vermú do BNG. "Sinto este barrio como meu. Aquí pasei a miña nenez. Aquí pasei a miña mocidade. Aquí residiu miña nai até o seu falecimento", apuntou Jorquera. Houbo emoción, boa música -Leria nunca falla-, houbo propostas políticas e, sobre todo, houbo tempo para, caña e vermú mediantes, o convivio e a confraternización.
Ler novas