Novas
Cidade Vella

En resposta ao BNG, o Goberno Local elude precisar cantos pisos turísticos hai na Cidade Vella e Pescaría

Despois de a Xunta de Goberno Local realizada o 20 de outubro de 2022 ter aprobado a licenza para mudanza de uso comercial a hoteleiro do inmóbel sito no número 30 da Avenida da Mariña, a concelleira do BNG Avia Veira rexistrou unha pregunta por escrito para saber se o Executivo coruñés ten cuantificado cantos edificios da Cidade Vella e a Pescaría “están completamente dedicados a apartamentos turísticos”.
Ler novas
Jorquera CC

A resposta do Goberno Local á pregunta total de Jorquera sobre a Casa Cornide: as evasivas de sempre

A pregunta total de Francisco Jorquera ao Executivo coruñés sobre a Casa Cornide –señoras e señores do Goberno Local, sobre a Casa Cornide, que?- foi respondida polo concelleiro delegado de Memoria Histórica, Jesús Cornide, cunha nova evasiva sobre o momento en que eventualmente o Concello materializaría a demanda para recuperar o palacete que en tempos foi sede do consistorio coruñés.
Ler novas