Pleno extraordinario: o BNG vota en contra do acordo co Estado sobre o cárcere, que decae por falta de apoios
28/dec./2022
No Pleno extraordinario co que o Concello despediu 2022, o BNG votou en contra do acordo asinado polo Goberno Local co Estado en relación ao antigo cárcere provincial e abstívose no convenio coa Xunta para a obtención de terreos e execución de accesos con vistas á ampliación do CHUAC. O convenio transaccional sobre a cadea foi rexeitado polo Pleno ao contar só cos votos favorábeis dun grupo municipal, o socialista.