A Xunta boicotea a declaración da Coruña como zona tensionada: "Ao PP a vivenda non lle preocupa"

“Somos a cidade cos alugueres máis caros da Galiza. E o PP, non contento con ter recortado 1.800 millóns de euros nos orzamentos de vivenda da Xunta nos últimos anos, pon agora paus nas rodas e boicotea a declaración da Coruña como zona tensionada, unha medida que axudaría a conter a escalada de aumento dos prezos dos alugueres”, afirma a concelleira nacionalista.
A falta de sensibilidade do PP diante da grave crise habitacional que sofremos tradúcese tamén no brutal aumento, até o 40%, dos prezos da vivenda de protección oficial en réxime de compravenda e no feito de Galiza ser “onde menos vivenda pública se está a construír en Europa”
O PP non só non fai nada para resolver o problema, senón que se emprega a fondo para entorpecer as outras administracións públicas, a impedir que se activen medidas que si poderían ter efectos positivos á hora de conter a alza dos prezos.
A falta de sensibilidade do PP diante da grave crise habitacional que sofremos tradúcese tamén no brutal aumento, até o 40%, dos prezos da vivenda de protección oficial en réxime de compravenda
Veira anuncia que o BNG lle vai pedir explicacións á Xunta no Parlamento galego, mais ao tempo enfatiza que a alcaldesa da cidade, Inés Rey, tamén ten que “comezar a facer política e a esixir con maior enerxía a declaración de zona tensionada”.
“Se hai que completar algunha información, que se faga, tendo en conta, iso si, que a Xunta inventou requisitos que non existen na Lei estatal de Vivenda, pero o fundamental é que a alcaldesa esixa a Xunta que abandone a súa política obstrucionista”, conclúe.