En resposta ao BNG, o Goberno Local elude precisar cantos pisos turísticos hai na Cidade Vella e Pescaría
Na resposta, que se achega, o Goberno Local evita responder esta pregunta e limítase a afirmar que “o Concello da Coruña non autoriza a actividade de apartamentos turísticos, senón que, consonte a normativa do PEPRI e do PXOM, tramita as solicitudes para as actividades hoteleiras, ou para implantar vivendas, no eido das súas competencias, sen prexuízo dos trámites e autorizacións que realiza a Xunta no eido das súas”.
Na iniciativa que deu orixe a esta resposta, Veira deixaba ver a súa preocupación ante o feito de que o fenómeno “en crecemento” dos pisos turísticos poda provocar o “baleirado” do casco histórico. O que responde o Goberno Local é que “velará” por que non se produza ese baleirado.
“Ten pensado o Goberno Local regular a cantidade de inmóbeis que se poden dedicar a apartamentos turísticos a través dunha modificación do PEPRI?”, inquiriu Avia Veira. “O Goberno Local está a estudar todas as posíbeis vías neste ámbito”, afírmase na resposta.