UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA
Sen datas para citas previas en xaneiro e febreiro para xestións da Tarxeta Millenium
Así o denuncia a concelleira do BNG Avia Veira, quen levou esta cuestión, en forma de rogo oral, ao Pleno do pasado 12 de xaneio.
Se unha persoa encaixa cos perfís descritos non ten nestes momentos citas disponíbeis en xaneiro e febreiro. No en tanto, esclarece a concelleira nacionalista, “si que hai ocos libres e posibilidade de seleccionar datas e horas se desexamos solicitar cita previa para a descarga da APP Coruña Próxima, perfil discapacidade, perfil escolar, pensionista, xubilado ou desempregado”.
A situación require que a Concellaría de Mobilidade reforce, por tanto, o servizo de atención ao público na Estación de Autobuses para garantir o acceso á Tarxeta Millenium ao conxunto da veciñanza.
“Agardamos que o Goberno Local tome nota deste rogo e actúe en consecuencia. Non é de recibo que o mal funcionamento deste servizo sexa un atranco para o fomento do transporte público na nosa cidade”, conclúe Avia Veira.