A XUNTA DE GOBERNO LOCAL DEU LUZ VERDE DEFINITIVA ÁS OBRAS DE URBANIZACIÓN

Unha iniciativa para vixiar se en Santo Amaro fican restos do patrimonio histórico e arqueolóxico

XGL
Un momento da Xunta de Goberno Local
A concelleira do BNG Avia Veira vai levar ao Pleno unha iniciativa para que nas obras de urbanización de Santo Amaro se vixíe se existen restos do patrimonio histórico e arqueolóxico dunha área da cidade na que en tempos houbo un castelo, unha fonte e unha capela.
Unha iniciativa para vixiar se en Santo Amaro fican restos do patrimonio histórico e arqueolóxico

A concelleira do BNG Avia Veira vai levar ao Pleno unha iniciativa para que nas obras de urbanización de Santo Amaro se vixíe se existen restos do patrimonio histórico e arqueolóxico dunha área da cidade na que en tempos houbo un castelo, unha fonte e unha capela.

O proxecto de urbanización do polígono de Santo Amaro recibiu hoxe a aprobación definitiva por parte da Xunta de Goberno Local.

“É importante sabermos se as obras poden afectar ou non restos de elementos patrimonais da zona que eventualmente se podan atopar”, indica Avia Veira, quen avanza que a iniciativa do BNG perseguirá tamén que o Concello impulse un traballo de posta en valor e de musealización “que dea testemuño do patrimonio histórico e arqueolóxico de Santo Amaro”.