Novas
IMG-20220912-WA0001

Axenda Urbana 2030: o Goberno Local atropela os dereitos da oposición ao aprobala pola porta de atrás

Como unha “chafallada” e un “atropelo aos dereitos democráticos da oposición” cualificou esta mañá a concelleira do BNG Avia Veira a decisión do Goberno Local de aprobar a Axenda Urbana 2030 na Xunta de Goberno Local e non no Pleno da Corporación. “É un documento que trascende este mandato e o próximo, por tanto, debería ser produto do diálogo e das achegas de todos os grupos”, avalía a edil nacionalista. “Apróbase pola porta de atrás”, remarca.
Ler novas
Avia a ML

Celemín, incapaz de explicar por que a gratuidade nas escolas infantís municipais non alcanza a das privadas e as da Xunta

Como explica o Goberno Local o “agravio comparativo” que sofren as familias con crianzas matriculadas nas escolas infantís municipais, que só se poden beneficiar da gratuidade de 6 horas diarias lectivas cando nas privadas e nas dependentes da Xunta se alcanzan as 8 horas de balde?, preguntou Avia Veira na segunda das cuestións orais formuladas polo BNG neste Pleno.
Ler novas
Escanos do BNG

O Pleno de setembro aproba as tres mocións do BNG, dúas delas por unanimidade

O Pleno ordinario de setembro aprobou as tres mocións a debate do BNG, dúas delas por unanimidade –as relativas á deslocalización do servizo de atención telefónica da antiga Fenosa e ás políticas do Concello en materia turística. A iniciativa sobre como actuar desde os servizos sociais perante a escalada de prezos tivo o apoio de PSOE, Marea Atlántica e a concelleira non adscrita, mais colleitou a abstención do PP ao incluír a moción unha petición á Xunta para que se reimplante a Tarxeta Básica.
Ler novas