UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA
Dous anos e medio despois de a anunciar no Pleno, nada sabemos da Ordenanza de Mobilidade
En setembro dese mesmo ano, con motivo da Semana Europea da Mobilidade, iniciouse o período de consultas previas á redacción desa ordenanza, tempo que concluiría o 16 de novembro de 2020. O BNG fixo as súas achegas para se incorporaren á norma, centradas en cuestións relativas á accesibilidade, á regulación dos vehículos de mobilidade persoal (VMP), mobilidade ciclábel e peonil e aparcadoiros.
Mais o tempo foi pasando e non se tivo noticia da conclusión dos traballos de redacción da ordenanza, até chegarmos ao 26 de xaneiro de 2022 –hai xa logo un ano- cando o concelleiro de Urbanismo e Mobilidade anunciou que para 2022 os retos principais da súa área eran culminar as ordenanzas de mobilidade e de terrazas.
As dúas continúan pendentes.
É por isto que a nosa concelleira Avia Veira dirixe agora unha pregunta ao Goberno Local para saber se a Ordenanza de Mobilidade continúa en fase de redacción e por que non se concluíron os traballos en 2022, tal e como era a intención do concelleiro de Urbanismo e Mobilidade.
Veira inquire o Executivo coruñés cando ten pensado dar luz verde á ordenanza na Xunta de Goberno Local, trámite previo para ir a Pleno, procurar a aprobación inicial, someterse a exposición pública e voltar ao Pleno para a aprobación definitiva.
“En todo o ano pasado non soubemos nada sobre a ordenanza de mobilidade”, refire Avia Veira. “E mentres tanto asistimos mes a mes a Plenos en cuxas ordes do día os asuntos resolutivos do Goberno adoitan seren sobre cuestións mínimas, sen que se dea impulso a tarefas pendentes tan importantes como esta”, critica a concelleira nacionalista.