Novas
Jorquera no Campo da Burra

Cuestións importantes por concretar no convenio Concello-AEMET sobre o Parque do Observatorio

A concelleira e número 2 do BNG para as vindeiras eleccións municipais Avia Veira avalía como positivo o acordo entre o Concello e a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMT) sobre o Parque do Observatorio, mais con todo pon o foco en que existen “cuestións importantes por concretar” e anuncia que cando o BNG lidere o Goberno Local “negociará un acordo a máis longo prazo” (o convenio anunciado entre Concello e AEMT ten unha duración de 4 anos).
Ler novas
Mercedes Queixas a reclamar a declaración BIC para os murais de Urbano Lugrís

Como advertimos hai meses, os murais de Lugrís corren serio risco e non hai tempo que perder

Agora que acaba de transcender que, de acordo co informe encargado polo Concello, os murais de Urbano Lugrís se achan en estado “crítico”, é ben lembrar que xa o 23 de marzo o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, instaba o Goberno Local a que tomase a iniciativa e restaurase a obra do xenial artista coruñés sen agardar polos propietarios do inmóbel (números 25-27 da Rúa Olmos) no que se acha.
Ler novas
Presentación Forza Coruña BNG

Forza Coruña, o lema da nosa campaña

Forza Coruña vai ser o lema co que concorra o BNG na campaña das eleccións municipais, anunciouno esta mañá nunha comparecencia ante os medios o candidato do Bloque á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera.
Ler novas