Jorquera visita as instalacións de Mulleres Colleiteiras e pide a renovación do seu convenio
A Asemblea Local aproba por unanimidade o segundo tramo da candidatura do BNG para o 28M
Reforma da Avenida da Vedra: fan falta compromisos orzamentarios, non anuncios preelectorais
Un rogo oral para que non volva haber esperas de case 20 días para enterrar as cinzas dun ser querido en Santo Amaro
Avia Veira avanza que un Goberno Local liderado polo BNG porá o acento na reconfiguración do transporte público urbano
Jorquera chama a coller impulso e dar o salto
“Os gobernos municipais do BNG son exemplo de solvencia, capacidade e bo facer. E todo ese bo facer querémolo poñer ao servizo da Coruña, para lle dar o impulso que a cidade precisa”, afirmou, durante a súa intervención no Encontro Nacional Municipal do Bloque, o candidato nacionalista á Alcaldía, Francisco Jorquera.
A Coruña vive nun certo estancamento. Non porque a sociedade coruñesa non teña vigor ou forza, senón porque durante estes catro anos non atopou un aliado no Goberno Local. O obxectivo do BNG é liderar a cidade para lle dar o impulso que necesita, argumentou Jorquera ao tomar a palabra perante un ateigado auditorio no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
“Coller impulso e dar o salto, dicía un poema de Lois Pereiro. Fagámolo: collamos impulso na Coruña e deamos o salto!”, proclamou o candidato nacionalista.