Novas
Escanos

O Pleno aproba por unanimidade a moción do BNG para investigar as responsabilidades das concesionarias no caso STL

O Pleno de abril aprobou por unanimidade a moción do BNG –defendida polo seu portavoz, Francisco Jorquera- para que o Goberno Local promova unha investigación arredor do caso STL con dous propósitos básicos: saber se as concesionarias dos servizos de recollida de lixo e de limpeza delegaron nese grupo a política de persoal e para determinar se, nesta última contrata, a folga de xuño de 2022 foi pactada entre a empresa e o autodenominado como sindicato.
Ler novas
Jorquera en Ascega 2

O tempo medio de xestión dunha licenza por parte do Concello non debería superar os 3 meses

O candidato do BNG á Alcaldía, Francisco Jorquera, rexistrou unha batería de preguntas por escrito cun propósito claro, o de emprazar o Goberno Local a que tome as medidas precisas para axilizar a tramitación de licenzas por parte do Concello.
En concreto, o portavoz do Bloque insta o Goberno Local a que impulse “todas as medidas necesarias para que o tempo medio de xestión de licenzas non supere a barreira dos tres meses”.
Ler novas
Imaxe aérea do peirao de Oza desde o barrio dos Castros

Bota a andar o grupo de barrio do BNG da Gaiteira e os Castros

Afiliadas e afiliados do BNG que viven nos barrios da Gaiteira e Os Castros decidiron constituírse formalmente como Grupo de Barrio da organización nacionalista, creando unha estrutura organizativa estábel que se reunirá periodicamente para debater sobre asuntos de actualidade relacionados con estas zonas da Coruña e impulsar todo tipo de iniciativas políticas arredor deses asuntos.
Ler novas
Conferencia de prensa Jorquera sobre o STL

Jorquera pide unha investigación sobre o STL e pon sobre a mesa a rescisión do contrato das concesionarias

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vai defender unha moción no Pleno do vindeiro 13A por medio da cal insta o Goberno Local a que abra unha investigación sobre o caso STL coa perspectiva de, se ficaren probados os feitos obxecto das pesquisas, “exercer coa máxima contundencia a potestade sancionadora, incluída a rescisión dos contratos de concesión”.
Ler novas