UNHA PROPOSTA DE AVIA VEIRA

Os barrios con deficiente conectividade deben poder utilizar o transporte interurbano de titularidade autonómica

Avia Veira Mobilidade Transporte Urbano
A mobilidade é sen dúbida unha das principais preocupacións das coruñesas e dos coruñeses, nomeadamente daquelas e daqueles que moran nos barrios peor conectados co resto da cidade a través do transporte público urbano.
Os barrios con deficiente conectividade deben poder utilizar o transporte interurbano de titularidade autonómica

A mobilidade é sen dúbida unha das principais preocupacións das coruñesas e dos coruñeses, nomeadamente daquelas e daqueles que moran nos barrios peor conectados co resto da cidade a través do transporte público urbano.

É por isto que a concelleira do BNG Avia Veira acaba de rexistrar un rogo oral para que o Goberno Local acorde coa Xunta de Galiza “os mecanismos que permitan que veciñanza de zonas da Coruña como Mesoiro ou Novo Mesoiro poidan aproveitar racionalmente as liñas de transporte interurbano de titularidade autonómica con parada dentro do noso límite municipal”.

Iso actualmente non pasa, o que non ten moito sentido, sobre todo se falamos de zonas da nosa urbe que padecen un problema crónico de falta de conectividade. O transporte interurbano de titularidade autonómica só se pode utilizar para saír ou para entrar na cidade, pero non para facer traxectos con inicio e final na Coruña: “É o que acontece, por exemplo, se a veciñanza quere desprazarse en autobús ao Centro Comercial Marineda usando a liña XG881, que discorre entre A Barcala e Arteixo”, refire Avia Veira na exposición de motivos.

Cómpre por tanto un acordo entre Concello e Xunta que racionalice o uso do transporte público e que o faga desde unha perspectiva metropolitana, “mentres non se acometa a tan imprescindíbel reordenación do mapa de liñas de transporte urbano na Coruña”, sen dúbida unha materia pendente do Goberno Local, remarca Veira.

“A mobilidade”, conclúe, “será desde logo unha prioridade absoluta no Goberno Local que vai liderar o BNG a partir do próximo 28 de maio”.

 

Os barrios con deficiente conectividade deben poder utilizar o transporte interurbano de titularidade autonómica