O 23M, JORQUERA PEDIU AO CONCELLO QUE RESTAURASE A OBRA SEN AGARDAR POLOS PROPIETARIOS, AOS QUE LOGO SE LLES ENDOSARÍA A FACTURA

Como advertimos hai meses, os murais de Lugrís corren serio risco e non hai tempo que perder

Mercedes Queixas a reclamar a declaración BIC para os murais de Urbano Lugrís
Mercedes Queixas, no Parlamento, mostra unha foto dos murais
Agora que acaba de transcender que, de acordo co informe encargado polo Concello, os murais de Urbano Lugrís se achan en estado “crítico”, é ben lembrar que xa o 23 de marzo o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, instaba o Goberno Local a que tomase a iniciativa e restaurase a obra do xenial artista coruñés sen agardar polos propietarios do inmóbel (números 25-27 da Rúa Olmos) no que se acha.
Como advertimos hai meses, os murais de Lugrís corren serio risco e non hai tempo que perder

Agora que acaba de transcender que, de acordo co informe encargado polo Concello, os murais de Urbano Lugrís se achan en estado “crítico”, é ben lembrar que xa o 23 de marzo o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, instaba o Goberno Local a que tomase a iniciativa e restaurase a obra do xenial artista coruñés sen agardar polos propietarios do inmóbel (números 25-27 da Rúa Olmos) no que se acha.

“Desde o noso punto de vista, non ten sentido esperar máis. A integridade da obra corre riscos. O Concello ten que exercer a execución subsidiaria xa, isto é, proceder directamente a actuar para asegurar a correcta conservación dos murais cargándolle directamente o custo aos propietarios”, indicaba Jorquera.

A alcaldesa anunciou onte que o Concello se dirixiu aos donos do inmóbel para que acometesen a restauración e que, caso de non o facer, a Administración local actuaría de forma subsidiaria.

Demasiado tarde, a xuízo do BNG. Hai xa logo un mes que demandamos a actuación inmediata por parte do Concello e agora o propio informe municipal vénnos dar a razón: os murais corren un serio risco e non hai tempo que perder.

Canto á activación do procedemento para a declaración como BIC, anunciada pola alcaldesa o sábado pasado, cómpre lembrar que meses atrás esta petición a levou ao Parlamento a deputada e número 3 da candidatura do BNG ás eleccións municipais, Mercedes Queixas.

Nunha sesión da Comisión de Cultura realizada o pasado 24 de febreiro, Queixas reclamou á Xunta a incoación do expediente BIC e criticou que as sucesivas denuncias sobre a desprotección dos murais feitas polos colectivos In nave civitas e a Asociación O Mural bateron co “silencio administrativo” por parte quer do Goberno Galego quer do Goberno Local.

  

 

Como advertimos hai meses, os murais de Lugrís corren serio risco e non hai tempo que perder