"UN GOBERNO LOCAL LIDERADO POLO BNG NEGOCIARÁ UN ACORDO MÁIS A LONGO PRAZO", AVANZA AVIA VEIRA

Cuestións importantes por concretar no convenio Concello-AEMET sobre o Parque do Observatorio

Jorquera no Campo da Burra
O roteiro do BNG detívose no Campo da Burra, ao fondo, o edificio do Observatorio
A concelleira e número 2 do BNG para as vindeiras eleccións municipais Avia Veira avalía como positivo o acordo entre o Concello e a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMT) sobre o Parque do Observatorio, mais con todo pon o foco en que existen “cuestións importantes por concretar” e anuncia que cando o BNG lidere o Goberno Local “negociará un acordo a máis longo prazo” (o convenio anunciado entre Concello e AEMT ten unha duración de 4 anos).
Cuestións importantes por concretar no convenio Concello-AEMET sobre o Parque do Observatorio

“Fican cuestións importantes por concretar, en relación á súa configuración final e en relación tamén a cando vai ser unha realidade. Un Goberno Local liderado polo BNG desde logo negociará un acordo a máis longo prazo e concretará moito máis as condicións do propio parque, canto á accesibilidade e aos seus usos, sempre de acordo coa veciñanza da Agra, sen cuxo activismo sería impensábel este parque”, remarca Veira.

En efecto, o Parque do Observatorio é unha “demanda histórica” da veciñanza da Agra do Orzán, o barrio máis denso da cidade, “no que viven máis coruñesas e coruñeses e que padece unha máis que evidente falta de zonas verdes”.

“Desde o BNG vimos acompañando politica e institucionalmente esta demanda, quer na modificación puntual do PXOM quer no acordo de inicio de mandato co PSOE ou en diversas mocións formuladas no Pleno”, relata Veira, quen tamén puxo en valor a emenda formulada polo BNG aos orzamentos xerais do Estado (por importe de 300 mil euros) para a rehabilitación dos terreos do Observatorio que irán engrosar o parque.

Porén, co Parque do Observatorio non se alcanza a demanda histórica de o barrio ter o Parque da Agra, pois este debería incorporar tamén o chamado Campo da Burra, visitado este sábado polo BNG durante a realización dun roteiro seguindo a Viaxe de Visma, a antiga rede de abastecemento de auga da cidade.

 

 

 

Cuestións importantes por concretar no convenio Concello-AEMET sobre o Parque do Observatorio