Jorquera levará ao Pleno do 12S as malas condicións e a falta de servizos básicos da praia canina de Bens
05/set./2024
Xa cando se debateu a ordenanza reguladora da tenza e protección de animais, o BNG advertira de que a praia de Bens é un areal perigoso, de difícil acceso, moi afastado de grande parte da cidade, con malas condicións de salubridade e carente de servizos básicos.