UN FEIXE DE PREGUNTAS ESCRITAS DO NOSO CONCELLEIRO DAVID SOTO
O BNG pregúntalle ao Goberno Local a que se debe a falta de actividade da Concellaría de Emprego
“Queremos saber por que a actividade da Consellaría de Emprego nestes últimos meses ten sido mínima”, resalta o edil nacionalista, quen pon como exemplo do desleixo do Goberno Local nesta materia o feito de que a conta de Facebook do espazo Accede Papagaio de coworking non rexistrase ningunha actualización desde o 23 de outubro de 2023.
Soto quere saber se a Concellaría de Emprego ten encargado “algún estudo sobre as necesidades da Coruña en materia de emprego”, que son especialmente significativas entre a mocidade. “Entre as mozas e os mozos da Coruña continúa a se rexistrar unha moi baixa taxa de ocupación”, salienta.
Nese sentido, o BNG propón que o Concello invista máis en actividades de formación, en obradoiros especialmente dirixidos á mocidade e tamén a aqueles sectores “que ofrecen máis oportunidades de emprego na nosa cidade”.