Novas
David Soto sostendo o gráfico sobre a evolución das comisións de servizos no Concello durante os últimos mandatos.

Nova RPT: o Goberno Local continúa sen dialogar coa Xunta de Persoal

O concelleiro do BNG David Soto faise eco da “queixa unánime” de “todas as centrais sindicais” con representación no Concello e leva ao Pleno deste xoves 11A a falta de diálogo do Goberno Local coa representación das traballadoras e traballadores municipais, nomeadamente en relación á elaboración da nova Relación de Postos de Traballo (RPT).
Ler novas
Paseo Literario Luísa Villalta 4

E a programación do Concello sobre o Día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta? U-la?

Este Día das Letras 2024 non vai ser unha efeméride calquera: vai ser moi especial porque os actos institucionais da Real Academia Galega se irán realizar na nosa cidade e porque o acontecemento homenaxea unha veciña da nosa cidade, a escritora, poeta e música Luísa Villalta. Unha coruñesa que, resalta a nosa concelleira Mercedes Queixas, fixo da Coruña materia poética.
Ler novas