UNHA INICIATIVA DE MERCEDES QUEIXAS
Cal vai ser o futuro emprazamento das 118 hortas urbanas da Agra do Orzán?
“A preocupación da veciñanza usuaria destas hortas radica na falta de información por parte do Goberno Local a respecto de cal vai ser o novo emprazamento e cando estará dispoñíbel para o seu uso”, refire a concelleira nacionalista no texto dunha pregunta por escrito.
Queixas quere saber cal vai ser o futuro emprazamento destas áreas de cultivo, cando prevé o Goberno local que estean dispoñíbeis para o seu uso e se valoraría a hipótese de que se poda continuar a traballar na actual localización destas 118 hortas urbanas mentres non avancen as obras de urbanización