UNHA INICIATIVA DE JORQUERA PARA O PLENO DO 2D
Un rogo para restaurar e pór en valor o Castelo de Eirís
Jorquera faise así eco da inquietude da veciñanza de Eirís ante a progresiva desprotección e deterioración dunha casa forte en estado de ruína, que presenta unha sinalización pouco visíbel e que sofre dunha escasa vixilancia.
“Que o Goberno Municipal leve a cabo as accións necesarias para asegurar a protección do Castelo de Eirís, mellorando, entre outras actuacións, a vixilancia e a sinalización”, pide o BNG neste rogo.
A veciñanza ten advertido do “mal uso” dunha edificación construída entre 1636 e 1655 . “Entre outras incidencias, hai xente que adoita sentar nos seus muros ou rapaces que o usan como espazo de xogo gabeando polas súas paredes. A todo isto contribúe unha sinalización pouco visíbel e a escasa vixilancia”.
Cumpre lembrar que o popularmene coñecido como Castelo de Eirís se acha nun enclave arqueolóxico que goza da catalogación de Ben de Interese Cultural.