ROGO ORAL DE FRANCISCO JORQUERA
Ten razón a veciñanza: as antigas galerías da Mercede atópanse nun estado "lamentábel"
Con esta iniciativa Jorquera faise eco do malestar que ten xerado na Asociación Veciñal Oza-A Gaiteira-Os Castros o “lamentábel estado” en que se atopan estas antigas galerías que conectan a Avenida de Oza coa Rúa da Mercede.
“A situación de abandono destas antigas galerías comerciais é lamentábel, atopándose cheas de lixo e ratas e sendo unha fonte de fedores no barrio” e constituíndo, por tanto, un problema de saúde pública.
De aí que a través deste rogo o BNG insta o Goberno Local a que “emprenda as accións necesarias para asegurar a limpeza e o mantemento en condicións de salubridade das antigas galerías comerciais sitas na Rúa da Mercede número 51”.