O NOSO CANDIDATO Á ALCALDÍA COMPROMETE UN PLAN DE REVITALIZACIÓN URBANA

Unha sesión vermú moi especial para Mercedes Queixas e Francisco Jorquera

Jorquera na Sesión Vermú nos Mallos
Jorquera na Sesión Vermú nos Mallos
"É o barrio da miña vida. Aquí me criaron meus pais. Aquí decidín fixar a miña residencia", dixo Mercedes Queixas ao presentar a quinta sesión vermú do BNG. "Sinto este barrio como meu. Aquí pasei a miña nenez. Aquí pasei a miña mocidade. Aquí residiu miña nai até o seu falecimento", apuntou Jorquera. Houbo emoción, boa música -Leria nunca falla-, houbo propostas políticas e, sobre todo, houbo tempo para, caña e vermú mediantes, o convivio e a confraternización.
Unha sesión vermú moi especial para Mercedes Queixas e Francisco Jorquera

“Sinto este barrio como propio. Aquí pasei parte da miña nenez e da miña mocidade”, confesou o candidato do
BNG á Alcaldía, Francisco Jorquera, cando, no medio da actuación do grupo indie pop Leria, tomou a palabra para se dirixir ao nutrido auditorio que acompañou a quinta sesión vermú co BNG, desta volta no barrio dos Mallos. Alén de Queixas e Jorquera, estiveron presentes tamén, en representación da candidatura do Bloque, David Soto, Ignacio SiotaJorge Castro e Raimundo Rai Martínez, números 4, 5, 7 e 9 da lista, respectivamente.

“Este é un barrio vital, moi diverso, con forte identidade de seu e con fortes lazos comunitarios que unen a veciñanza”, dixo Jorquera, quen foi presentado por Mercedes Queixas, número 3 da candidatura. “Os Mallos son a miña vida. Aquí me criaron meus pais, aquí decidín despois fixar a miña residencia”, afirmou a portavoz de Cultura do grupo parlamentar do
BNG.

IMG-20230514-WA0003

Jorquera deixou un compromiso na súa intervención. “Se nos dades a vosa confianza, nós si que cumpriremos todo aquilo co que nos comprometamos co barrio”, dixo. Non como o Goberno Local “que na práctica incumpriu a maior parte das medidas contempladas nunha moción sobre as necesidades do barrio que, impulsada polo BNG, o Pleno aprobou en outubro de 2021”. “Nós si cumpriremos”, garantiu Jorquera.

“O BNG si porá os barrios no centro das políticas municipais, algo que nos últimos 12 anos gobernos locais de distinto signo non foron capaces de facer”, acrecentou.

IMG-20230514-WA0008

Os Mallos precisan un plan de revitalización urbana, con medidas destinadas a rehabilitar “un parque de vivendas avellentado”, incrementar as zonas verdes e resolver os problemas de accesibilidade. “Non pode ser que vivir un quinto piso sen ascensor converta a túa morada nunha auténtica prisión”, dixo o candidato do BNG á Alcaldía.

 

IMG-20230514-WA0006
Leria, ao vivo

“Pídovos desde a humildade que nas eleccións do próximo 28 de maio lle deades unha oportunidade ao BNG. Nos últimos 12 anos A Coruña experimentou con gobernos de distinto signo. Ningún foi capaz de poñer os barrios no centro das políticas municipais nin de lle dar á cidade o impulso que merece”, concluíu entre aplausos.

Unha sesión vermú moi especial para Mercedes Queixas e Francisco Jorquera