ROTEIRO Á BEIRA DO RÍO A PARTIR DO CENTRO CÍVICO DE FEÁNS

Inspirados polo documentario de Ánxeles Huerta, propomos Revivir Monelos

BNG roteiro Río Monelos
O BNG fixo este sábado o terceiro dos seus roteiros para facer da Coruña unha cidade verde e firmemente comprometida na loita contra os efectos das alteracións climáticas.
Inspirados polo documentario de Ánxeles Huerta, propomos Revivir Monelos

O BNG fixo este sábado o terceiro dos seus roteiros para facer da Coruña unha cidade verde e firmemente comprometida na loita contra os efectos das alteracións climáticas.

O primeiro dos roteiros foi a Viaxe de Visma, a procura dos restos da antiga rede de abastecemento de auga da cidade. O segundo foi unha descuberta da avifauna da Coruña, un percorrido desde o Parque de Santa Margarida até os Xardíns de Méndez Núñez coa proposta de crear entre eles un auténtico corredor verde.

Pois ben, este sábado o BNG da Coruña organizou o seu terceiro roteiro, unha andaina á beira do Río Monelos, un curso fluvial que nace xusto por detrás do cimiterio de Feáns e que en boa parte continúa soterrado. Facelo emerxer e poñelo en valor “constitúe sen dúbida unha das nosas apostas en materia de medio ambiente”, afirma o candidato do BNG á Alcaldía, Francisco Jorquera.

IMG-20230520-WA0026

“Moitas coruñesas e coruñeses foron conscientes do estado en que se acha o Río Monelos grazas ao magnífico documentario de Ánxeles Huerta Esquece Monelos. Pois ben, o BNG, recollendo o testemuño dese filme, propón Revive Monelos”, dixo Jorquera.

“Facéndomos un percorrido polos distintos regos do itinerario do Río Monelos, nas zonas de Feáns e Mesoiro Vello, é imposíbel non sentirse impresionado pola enorme beleza paisaxística”, remarca. “Que importante sería para A Coruña revalorizar toda esta zona, pór en valor os camiños e os núcleos tradicionais, conformar un grande corredor verde en toda a contorna da cidade!”, exclama.

 

Screenshot_20230520-140735_Gallery
Un momento da andaina polo Camiño de Campos, en Feáns, ruta que leva ao Castro de Elviña

O rescate do Río Monelos pasa por “renaturalizar o río” e tamén por “protexer os bosques de ribeira e a grande biodiversidade que acollen as canles fluviais”.

“O noso compromiso é reverdecer A Coruña, rescatar o seu patrimonio natural. Necesitamos pulmóns verdes –o río e a súa vexetación- para facer fronte aos devastadores efectos das alteracións climáticas”, conclúe Jorquera.

 

 

Inspirados polo documentario de Ánxeles Huerta, propomos Revivir Monelos