No Día das Letras Galegas, Jorquera remarca que o galego é na Coruña un activo cultural e económico

Jorquera repartindo cravo e material do BNG
Jorquera, repartindo cravos e dípticos do BNG
O galego non é só o principal signo de identidade da sociedade galega –e, por tanto, tamén da coruñesa-, senón que é un activo de primeiro orde e sostén dunha industria cultural que na cidade da Coruña é “moi potente”.
No Día das Letras Galegas, Jorquera remarca que o galego é na Coruña un activo cultural e económico

Así o considera o candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera.

“Temos un potente sector audiovisual, somos sede de editoriais, temos unha moi importante rede de librerías, un tecido riquísimo de creadoras e creadores que usan o galego como medio de expresión e ferramenta de traballo”, avalía Jorquera. “É por iso que o BNG aposta pola normalización lingüística en todos os ámbitos da vida social e por pórmos en valor que temos unha cultura e unha lingua propias. Un activo fundamental para facermos da Coruña o faro cultural de Galiza”, engadiu.

Salienta Jorquera que por iniciativa do BNG o Concello da Coruña neste mandato se dotou por fin dunha Ordenanza reguladora do uso do galego (entre as 7 grandes cidades era a única que carecía dela). “Mais o previsto nesa ordenanza está moi lonxe de se desenvolver. Non abonda cun compromiso pola normalización lingüística escrito no papel. O que está escrito hai que levalo á práctica. Ese é o compromiso do Goberno Local que se propón liderar o BNG a partir do 28 de maio”, enfatizou.

Concentración Queremos Galego
Concentración Queremos Galego

 

Como facer política de normalización lingüística na cidade? Pois “seducindo e incentivando”, propón Jorquera. “É fundamental que o conxunto da cidadanía vexa no Concello un espello positivo para ir superando trabas e dando pasos decididos para ir incorporando o galego o galego con naturalidade como lingua de uso en todos os ámbitos”, concluíu.

20230517_123842
Un momento da concentración

Após atender os medios durante a concentración de Queremos Galego ao pé do Obelisco, Jorquera, conxuntamente co resto da candidatura nacionalista, repartiu cravos e material de campaña ás persoas que paseaban polo centro da cidade.

 

 

No Día das Letras Galegas, Jorquera remarca que o galego é na Coruña un activo cultural e económico