Avia Veira lémbralle ao candidato do PP que foi o seu partido quen suprimiu a Concellaría de Mocidade

Avia Veira no acto de presentación da candidatura 9 de marzo de 2023
Avia Veira, durante a presentación da candidatura
O pasado xoves, o candidato do PP á Alcaldía anunciou, nun encontro con xente nova, a hipotética creación dunha Concellaría de Mocidade no organigrama do goberno local.
Avia Veira lémbralle ao candidato do PP que foi o seu partido quen suprimiu a Concellaría de Mocidade

“A verdade é que ao señor Lorenzo non hai quen o crea!”, di como avaliación deste anuncio a concelleira do BNG e número 2 da candidatura nacionalista para o 28 de maio Avia Veira. “Quero lembrarlle ao candidato do PP que foi o seu partido quen suprimiu a Concellaría de Mocidade cando entrou a gobernar a cidade en 2011. Mocidade desapareceu como concellaría e nin sequera se mantivo como rótulo ou apelido de ningunha outra concellaría. E iso que o PP gobernaba con maioría absoluta!”, di Veira.

Dese goberno que suprimiu a Concellaría de Mocidade fixo parte o propio Miguel Lorenzo, resalta a candidata nacionalista.

Suprimiron unha Concellaría que foi criada por primeira vez no Concello durante a etapa en que o BNG tivo responsabilidades no Goberno Local e coa compañeira Ermitas Valencia á fronte.

Esa Concellaría de Mocidade impulsou, no período 2007-2011, programas de ocio, de fomento da creación, de apoio ao asociacionismo, de educación afectivo sexual, ben como tamén promoveu a creación dos locais de ensaio e da sala O Túnel.

“Todas esas iniciativas foron silenciadas, cando non eliminadas, polo Goberno Local do PP do que fixo parte o señor Lorenzo”, remarca Avia Veira, quen anuncia que A Coruña volverá ter Concellaría de Mocidade no Executivo coruñés que se propón liderar o BNG a partir do próximo 28 de maio.

 

 

 

 

 

 

Avia Veira lémbralle ao candidato do PP que foi o seu partido quen suprimiu a Concellaría de Mocidade