Novas

Jorquera chama a coller impulso e dar o salto

“Os gobernos municipais do BNG son exemplo de solvencia, capacidade e bo facer. E todo ese bo facer querémolo poñer ao servizo da Coruña, para lle dar o impulso que a cidade precisa”, afirmou, durante a súa intervención no Encontro Nacional Municipal do Bloque, o candidato nacionalista á Alcaldía, Francisco Jorquera.

A Coruña vive nun certo estancamento. Non porque a sociedade coruñesa non teña vigor ou forza, senón porque durante estes catro anos non atopou un aliado no Goberno Local. O obxectivo do BNG é liderar a cidade para lle dar o impulso que necesita, argumentou Jorquera ao tomar a palabra perante un ateigado auditorio no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

“Coller impulso e dar o salto, dicía un poema de Lois Pereiro. Fagámolo: collamos impulso na Coruña e deamos o salto!”, proclamou o candidato nacionalista.

 

Jorquera chama a coller impulso e dar o salto