mobilidade
Novas
tranvías

Sen plans (aínda) no Concello nin para a cocheira nin para os coche tranvía

“Non existen polo de agora plans para dito edificio nin para os tranvías”. Esta é a breve resposta do Goberno Local á concelleira do BNG Avia Veira, quen se interesara por saber que usos futuros lle pensa dar o Concello ás cocheiras do tranvía e aos vehículos dun servizo liquidado por acordo da Xunta de Goberno Local realizada o 14 de decembro de 2020.
Ler novas
Novas
Avia Veira transporte urbano bus.

Inquirimos o Goberno Local sobre os incumprimentos das súas promesas en materia de mobilidade

“Que hai da promesa da reintrodución do carril bus? Que hai da promesa da modificación parcial ou total das liñas de buses? Que hai da construción de aparcamentos disuasorios? E que hai da aprobación dunha ordenanza de mobilidade que regule o uso dos patinetes eléctricos e os vehículos de mobilidade persoal”. Estas e outras cuestións vaillas formular Avia Veira ao Goberno Local, en forma de pregunta oral, no próximo Pleno da Corporación, a se realizar o vindeiro xoves 7 de abril.
Ler novas
Novas
tranvía

Que vai facer o Concello cos coches tranvía? E coas cocheiras?

O 14 de decembro de 2020, o Goberno Local tomou a decisión de liquidar o servizo de transporte por rodadura fixa mediante tranvías. Quince meses despois, continúa pendente a entrega ao Concello por parte do titular da concesión, a Compañía de Tranvías, das cocheiras e o dos coches tranvía, de titularidade municipal de acordo co contrato subscrito.
Ler novas
Novas

Por un tren de proximidade para a área urbana da Coruña

O Bloque Nacionalista Galego continúa a súa campaña para reclamar unha mellora nas conexións internas da Galiza e rexistra iniciativas no Congreso para implantar o servizo ferroviario de proximidade na Coruña e a súa contorna, incluíndo as conexións con Ferrol e Santiago. O deputado nacionalista Néstor Rego demanda modernizar as infraestruturas e reactivar os apeadoiros e tramos urbanos da vía que foron abandonados para dar cobertura aos principais núcleos de poboación.
Ler novas
Novas
IMG-20220117-WA0007

Ferrol-A Coruña ou como facer unha viaxe nun tren propio de principios do século XX

Ás 8.40 partiu de Ferrol o tren máis rápido daqueles que fan o traxecto que vai cara A Coruña. Chegou a San Cristovo ás 9.54. Case 75 minutos para cubrir apenas 50 quilómetros de vía férrea. Nel viaxaba a nosa portavoz nacional, Ana Pontón, acompañada polo noso deputado no Congreso Néstor Rego e polo voceiro do BNG no Concello de Ferrol, Iván Rivas. Foron recibidos na estación de San Cristovo por Francisco Jorquera, Mercedes Queixas e un nutrido grupo de militantes e simpatizantes do BNG. 
Ler novas
Novas
Acto ferroviario na estación do Burgo

Unha viaxe desde a estación de San Cristovo até a do Burgo en demanda dun tren de proximidade para a cidade e a comarca

Militantes nacionalistas tomaron esta tarde un tren na estación de San Cristovo para se baixar apenas quince minutos despois na do Burgo, onde realizaron un acto –protagonizado polo deputado no Congreso Néstor Rego, a deputada no Parlamento galego Mercedes Queixas e o portavoz do BNG en Culleredo Tono Chouciño- en demanda dun tren de proximidade para a cidade, a comarca e, en definitiva, para Galiza.
Ler novas