Sobre a aprobación do proxecto de reforma da Ponte Pasaxe: "Non foi sen tempo"
-Levamos lustros de espera. Esta aprobación provisional non foi sen tempo. Volvemos constatar que as obras de infraestrutura que precisa a cidade e a comarca en relación á súa mobilidade van a ritmo de tartaruga.
-A partida orzamentaria programada para 2023 (500 mil euros) parécenos insuficiente e por iso o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha emenda para incrementar a dotación, por un importe de 1 millón de euros. O Goberno central ten unha excelente oportunidade de demostrar a súa vontade de acelerar o proxecto votando afirmativamente esta emenda.
-Agardamos que a reforma da Ponte Pasaxe sirva tamén para facilitar a mobilidade ciclista e peonil porque, como solución para a mobilidade, é moito máis racional do que apostar por unha pasarela entre As Xubias e Santa Cristina.
-O proxecto debe mellorar o acceso á Ponte Pasaxe desde Santa Cristina, actualmente un funil que torna moi lento o tráfico.
-En todo caso, continuamos a agardar pola grande asignatura pendente das infraestruturas de comunicación na nosa cidade e comarca, a implantación de servizos ferroviarios de proximidade.