UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

Sobre o aparcamento indebido na zona peonil entre a praza de Santo Agostiño e a do Humor

Aparcamento indebido
Após a recente reforma da contorna da Praza de Santo Agostiño –feita para aumentar o espazo peonil e a transición coa Praza do Humor- é unha evidencia que se está a producir unha invasión da zona en teoría habilitada para as persoas viandantes por parte de automóbiles que ocupan aqueles lugares onde non hai bancos.
Sobre o aparcamento indebido na zona peonil entre a praza de Santo Agostiño e a do Humor

“É coñecedor o Goberno Local desta situación”, inquire ao respecto a nosa concelleira Avia Veira por medio dunha pregunta por escrito a través da cal interésase por saber se o Executivo coruñés vai vixiar o aparcamento indebido nesta zona peonil.

A presenza de carros alí onde non deben estar “impide a cidadanía desfrutar deste novo espazo que en teoría se gañaba para osa peóns”, denuncia Avia Viera.

Aparcamento indebido 2

De resto, a concelleira nacionalista pregúntalle ao Goberno Local se ten pensado reforzar os espazos de carga e descarga nas proximidades da Praza de Santo Agostiño, “non só para as praceiras e praceiros senón tamén para o comercio local da contorna”.

 

 

Sobre o aparcamento indebido na zona peonil entre a praza de Santo Agostiño e a do Humor