Sen datas para citas previas en xaneiro e febreiro para xestións da Tarxeta Millenium
Canto se tarda en pintar un paso de peóns?
“Canto cre o Goberno Local que se tarda en pintar un paso de peóns?”, así reza a pregunta oral que a concelleira do BNG Avia Veira lle vai dirixir ao Executivo coruñés no primeiro Pleno de 2023.
Veira interésase por esta cuestión ao non se ter materializado aínda unha proposta dos orzamentos participativos feita por veciñas e veciños da zona para establecer un paso de peóns á altura do número 121 da Avenida de Arteixo.
A proposta foi asumida polo Goberno Local no capítulo de investimentos dos orzamentos do Concello para 2022 cun custo de 85 mil euros, mais aínda non foi executada, de aí esta iniciativa de Avia Veira.
Canto se tarda en pintar un paso de peóns?
Sobre o aparcamento indebido na zona peonil entre a praza de Santo Agostiño e a do Humor
Sobre a aprobación do proxecto de reforma da Ponte Pasaxe: "Non foi sen tempo"
Avaliación do grupo municipal do BNG sobre o ultimato lanzado pola Xunta en relación á pasarela
"A mocidade universitaria vai nos buses como sardiñas en lata"
Xunta e Estado trocan reproches, mais non fan nada para termos servizos de proximidade ferroviaria no eixo A Coruña-Ferrol
O BNG interésase pola situación irregular dos aparcadoiros municipais
Na quenda de preguntas orais do Pleno de Outubro, a concelleira do BNG Avia Veira interesouse tamén pola situación irregular en que se achan varios aparcadoiros de titularidade municipal. A ese respecto, o portavoz do Goberno Local admitiu que cómpre “pór orde nas concesións” e anunciou que antes de rematar o ano se aprobaría unha instrución para regular todas as concesións municipais, non só a dos aparcadoiros.
A xuízo de Lage, non tería sentido enfrontar a regulación por separado dos aparcadoiros municipais e aprazou esta até o momento en que se aborde a situación do conxunto das concesións municipais. “Hai que planificar e ordenar os distintos usos dos espazos municipais, que teñen distintas formas de xestión (indirecta e directa)”, defendeu.
Por súa parte, Veira denuncia que “temos sete aparcadoiros municipais en situación irregular, ou ben incumprindo as súas obrigas ou ven nun limbo legal”, polo que o BNG avoga por “unha boa política de aparcadoiros que, desde a xestión pública, se faga unica e exclusivamente en interese da cidade, con rebaixa de prezos, garantías para a accesibilidade e oferta de servizos útiles como a recollida de voluminosos ou o deseño de espazos específicos para bicicletas”.