UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

Resposta moi xenérica do Goberno Local sobre os medios para controlar o acceso de vehículos non autorizados á Cidade Vella

Rúa Nosa Señora do Rosario na Cidade Vella con coches estacionados en ambos marxes
Hai xa un ano que o Goberno Local anunciou a instalación de cámaras para controlar o acceso de vehículos non autorizado á Cidade Vella, mais a medida aínda non se chegou a materializar. Sobre o asunto interesouse por escrito a concelleira do BNG Avia Veira, por medio dunha pregunta por escrito a respecto dos medios para controlar que só accedesen á Cidade Vella aqueles automóbeis con permiso para o facer, os das persoas residentes.
Resposta moi xenérica do Goberno Local sobre os medios para controlar o acceso de vehículos non autorizados á Cidade Vella

Na súa resposta, o Goberno Local afirma que a instalación de cámaras non se puido producir porque a entrega dos aparatos, obxecto dun contrato xa adxudicado e subvencionado con fondos Next Generation, “está sufrindo demora polo retraso a nivel mundial na subministración de material tecnolóxico”.

“De que maneira se está a controlar o acceso de vehículos á Cidade Vella?”, inquiriu Avia Veira o Goberno Local, pergunta que é respondida nestes termos polo Executivo coruñés: “A través de accións e dispositivos policiais”.

No texto da iniciativa, a concelleira do BNG propuña que se reforzase a sinalización para indicar as restricións de acceso á Cidade Vella e que se instalasen “outros métodos de control que tamén sexan barreiras físicas como poden ser os bolardos de lectura de matrícula que obrigan os vehículos a frear”.

A resposta do Goberno Local a estas propostas do BNG é evasiva: “O Goberno Municipal estuda todas as posibilidades existentes para dar solución ás demandas veciñais”.

O tráfico na Cidade Vella está restrinxido a residentes desde xuño de 2018, mais “a veciñanza da zona continúa a denunciar que pola nosa Cidade Alta

 

 

 

circulan coches sen a correspondente tarxeta de residentes e vense coches de reparto fóra do horario establecido”.

 

 

 

 

 

Resposta moi xenérica do Goberno Local sobre os medios para controlar o acceso de vehículos non autorizados á Cidade Vella