Novas

Canto se tarda en pintar un paso de peóns?

“Canto cre o Goberno Local que se tarda en pintar un paso de peóns?”, así reza a pregunta oral que a concelleira do BNG Avia Veira lle vai dirixir ao Executivo coruñés no primeiro Pleno de 2023.

Veira interésase por esta cuestión ao non se ter materializado aínda unha proposta dos orzamentos participativos feita por veciñas e veciños da zona para establecer un paso de peóns á altura do número 121 da Avenida de Arteixo.

A proposta foi asumida polo Goberno Local no capítulo de investimentos dos orzamentos do Concello para 2022 cun custo de 85 mil euros, mais aínda non foi executada, de aí esta iniciativa de Avia Veira.

Canto se tarda en pintar un paso de peóns?